InicioPolíticaO BNG propón unha Mesa Galega de Automoción e pide a intervención...

O BNG propón unha Mesa Galega de Automoción e pide a intervención de Barreras

Os nacionalistas levan a pleno medidas para afrontar "a crise industrial e comercial" que atravesa a cidade de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG levará ao próximo pleno do Concello de Vigo, que se celebra este mércores, unha moción con medidas para facer fronte “á crise industrial e comercial que atravesa a cidade”, entre as que se inclúen un Plan de Reindustrialización, a intervención pública de Barreras e a creación dunha Mesa Galega de Automoción.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, subliñou que “importantes sectores como a automoción ou a construción naval afrontan situacións críticas, e o comercio e a hostalaría seguen padecendo a falta dun apoio efectivo por parte das Administracións públicas”.

Neste marco, os nacionalistas propoñen impulsar un Plan de reactivación industrial e económica, dotado con polo menos 10 millóns de euros; crear unha Mesa Galega de Automoción e o despregamento dunha tarifa eléctrica industrial galega; e reducir o IVE do sector das barbarías do 21 ao 10 por cento.

Ademais, aposta por reclamar aos gobernos galego e estatal que interveñan en Hijos de J. Barreiras para convertelo nun estaleiro público ou semipúblico. Igualmente, volverá insistir en que o Concello de Vigo despregue axudas directas para o pequeno e mediano comercio local e a hostalaría. “Con esta moción, o BNG quere pór encima da mesa a principal preocupación das viguesas e os vigueses que é a situación económica, produtiva e laboral da cidade, e pedir medidas concretas e reais para atallar os efectos desta crise”, concluíu o edil.

ÚLTIMAS

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Caballero saca peito e presume de xestión: “Se hoxe houbese eleccións subiriamos 2 concelleiros e gañariamos a Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este martes de liderado municipal, e vaticinou:...

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O PP de Vigo contraataca con 39 enmendas para que os orzamentos sexan “realistas” e non “publicitarios”

O grupo municipal do PP rexistrou 39 emendas aos orzamentos de Vigo para 2026,...