InicioSociedadeVigo acumula a metade das denuncias de Galicia por incumprir a normativa...

Vigo acumula a metade das denuncias de Galicia por incumprir a normativa covid nos últimos días

Son case 200 propostas de sanción por non levar máscara ou incumprir as restricións á mobilidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As policías locais das principais cidades de Galicia tramitaron o pasado fin de semana, o último de marzo e o do arranque das vacacións de Semana Santa, máis de 400 denuncias a cidadáns e locais de hostalaría por incumprir as restricións e indicacións previstas na normativa sanitaria para facer fronte á pandemia de COVID-19.

Así, segundo informaron fontes dos diferentes concellos, nas principais cidades e localidades turisticas como Baiona ou Sanxenxo tramitáronse máis de 400 propostas de sanción, das que unha parte moi importante correspóndense coas cidades de Vigo, A Coruña e Ourense.

Na cidade olívica, entre o venres e o sábado tramitáronse 189 denuncias, 51 delas a locais de hostalaría por diferentes incumprimentos. Asimesmo, fixéronse outras 50 propostas de sanción a persoas que participaban en reunións de non conviventes; 42 a persoas que incumpriron o ‘toque de queda’; 25 a persoas que non levaban máscara; 15 a persoas por fumar en lugares non permitidos; e a 6 persoas que estaban na cidade saltándose o peche perimetral.

No caso da Coruña, o venres e o sábado tramitáronse 66 multas, 14 por non levar máscara, 11 por consumo de alcol na vía pública, 25 por non respectar o horario do ‘toque de queda’, 9 por reunións de non conviventes, 4 por fumar sen respectar sen as distancias e 3 sancións a locais por non respectar o aforamento e outras normas.

Na cidade de Ourense, tramitáronse o pasado fin de semana 69 propostas de sanción, a maior parte delas (50 multas) por estar na vía pública fose do horario permitido. A elas engádense 9 multas por ir sen máscara, outras 7 por reunións de non conviventes, 2 por non respectar as distancias e outra máis por superar o número máximo de persoas no exterior.

LUGO, PONTEVEDRA E SANTIAGO

Na cidade de Lugo, tramitáronse máis dunha trintena de sancións, 13 delas por non respectar o horario do ‘toque de queda’, 5 por non levar máscara, e o resto por participar en reunións non permitidas de non conviventes.

A ese respecto, a Policía Local interveu o pasado venres pola noite nunha vivenda da rúa Alfonso X O Sabio, onde se celebraba unha festa que impedía o descanso dos veciños, e onde se agrupaban varias persoas que non eran convivintes. Así mesmo, houbo unha intervención na madrugada do domingo, nunha festa que estaba a ter lugar nun edificio do polígono do Sacro Corazón, na que participaban persoas non conviventes.

En Pontevedra, o pasado fin de semana tramitáronse 17 propostas de sanción, das 8 foron por non levar mascarila, 5 por reunións non permitidas de non conviventes e 3 por saltarse o ‘toque de queda’.

No caso da cidade de Santiago, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresou este luns en rolda de prensa a súa preocupación polo aumento “significativo” de festas en pisos durante o mes de marzo e apuntou que, durante este mes, a maior parte de sancións estiveron relacionadas con esas reunións non permitidas, coa colocación da máscara e co incumprimento do toque de queda.

Segundo fontes municipais compostelás, só por mor de intervencións en pisos por festas tramitáronse 83 propostas de sanción, ás que hai que sumar outras 177 denuncias ao longo de marzo por diversos incumprimentos, tanto por parte de Policía Local como doutros corpos de seguridade.

SANXENXO E BAIONA

Nos casos das localidades turísticas de Sanxenxo e Baiona (ambas as co nivel alto de restricións), na provincia de Pontevedra, as policías municipais tramitaron tamén varias denuncias por incumprir a normativa sanitaria.

En Sanxenxo, denunciouse a 33 persoas por non levar máscara, e a outras 2 por desobediencia. Ademais, un veciño de Lugo, de 38 anos de idade, foi detido o pasado sábado por negarse a pór a máscara.

O home foi sorprendido por axentes municipais en dúas terrazas de hostalaría da localidade e, en ambos os casos, negouse a porse a máscara e dirixiuse de maneira desafiante e irrespetuosa aos policías. Tras insultar e ameazar aos axentes, e persistir na súa actitude de desobediencia, foi detido.

No caso de Baiona, o fin de semana mantivéronse os labores de vixilancia e prevención, aínda que dando prioridade ao control de acceso ao municipio ante a posible chegada de persoas de fóra de Galicia ou de lugares con peche perimetral. Nese caso, a Policía Local non detectou incumprimentos, aínda que si se tramitaron 2 propostas de sanción por incumprimentos no ámbito da hostalaría.

 

ÚLTIMAS

Protestas de traballadores da limpeza en GKN de Vigo contra a precarización das súas condicións

O persoal da empresa Clece, encargada da limpeza na empresa de automoción GKN de...

Situacións de tensión en Vigo tras quedar xente atrapada en ascensores por avería eléctrica

O 112 Galicia recibiu á primeira hora da mañá deste luns varias chamadas de auxilio...

Sindicatos concéntranse en Vigo para reclamar mellores condicións do persoal da Seguridade Social

Os sindicatos CSIF, CC.OO. e CIG concentráronse en Vigo para reclamar melloras nas condicións laborais...

Stellantis non descarta o peche de plantas ante o crecemento da competencia chinesa

O conselleiro delegado Stellantis, Carlos Tavares, indicou nunha entrevista publicada este luns que o...