InicioEconomíaUnha catedrática da UVigo colabora nun informe da FAO sobre diversidade do...

Unha catedrática da UVigo colabora nun informe da FAO sobre diversidade do chan

"Como mencionou o director xeral da FAO, os organismos do chan son 'heroes silenciosos' que agora reciben recoñecemento a través do informe", remarcou a investigadora, que reclamou que a Unión Europea "implemente nas súas políticas o protexer tamén a biodiversidade do chan".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A catedrática da Universidade de Vigo (UVigo) María Jesús Iglesias Briones é a única representante dunha institución académica galega que participa na elaboración dun informe da Food and Agriculture Organization (FAO) das Nacións Unidas, cuxo obxectivo é sensibilizar sobre a importancia da diversidade do chan.

Segundo informou a universidade viguesa, máis de 300 científicos do mundo participaron na elaboración deste documento, que a catedrática considera “o informe máis completo e actual tras a publicación no ano 2016 do Atlas Global de Biodiversidade do Chan”.

En concreto, este estudo, que se dirixe a todo tipo de público, presenta a situación actual do coñecemento sobre a biodiversidade do chan, así como as ameazas e solucións que dita biodiversidade pode achegar aos diferentes problemas ambientais.

“Como mencionou o director xeral da FAO, os organismos do chan son ‘heroes silenciosos’ que agora reciben recoñecemento a través do informe”, remarcou a investigadora, que reclamou que a Unión Europea “implemente nas súas políticas o protexer tamén a biodiversidade do chan”.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...