InicioSucesosLocalizada a menor que fuxira do centro de Aldeas Infatiles de Redondela...

Localizada a menor que fuxira do centro de Aldeas Infatiles de Redondela a primeiros de marzo

As pescudas permitiron descubrir que a nena contactara cunha familiar próxima, o que axudou a acoutar a zona onde podería estar escondida. A Policía tamén puido pescudar, por persoas próximas, que a menor estaba en bo estado de saúde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional localizou á menor que permanecía desaparecida desde o pasado 5 de marzo, tras fuxir do centro de Aldeas Infantís de Redondela, e confirmou que está en bo estado de saúde.

Segundo informaron fontes policiais, a denuncia pola desaparición da nena (que vive tutelada nese centro) interpúxose a principios de mes, despois de que a menor non regresase ás instalacións de Aldeas Infantís.

Nese momento activouse o protocolo previsto para este tipo de casos e a Policía contactou co xulgado de instrución 1 de Redondela para pór os feitos no seu coñecemento. Así mesmo, informouse os servizos de menores da Xunta e a outros servizos sociais, para tentar acceder á contorna máis próxima da nova.

As pescudas permitiron descubrir que a nena contactara cunha familiar próxima, o que axudou a acoutar a zona onde podería estar escondida. A Policía tamén puido pescudar, por persoas próximas, que a menor estaba en bo estado de saúde.

Finalmente, os investigadores lograron aproximar a procura e contactar coa menor, á que fixeron ver que o regreso voluntario ao centro era a mellor solución á situación.

Así, tras acompañala a un centro de saúde para comprobar que se atopaba perfectamente, contactouse co servizo de menores da Xunta para o seu traslado e entrega.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...