InicioSucesosPrisión provisional para o detido como suposto autor da morte dun veciño...

Prisión provisional para o detido como suposto autor da morte dun veciño de Chapela

No momento da detención, o presunto homicida admitiu a súa relación cos feitos, e que o seu enfrontamento coa vítima "se lle fora das mans".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número de 2 de Redondela  decretou o ingreso en prisión do home de 42 anos de idade, veciño deste municipio, detido como suposto autor da morte doutro home, cuxo cadáver foi localizado no seu domicilio o pasado 30 de xaneiro.

Segundo confirmaron fontes xudiciais, o detido ingresará en prisión, comunicada e sen fianza, e está investigado por un suposto delito de homicidio.

Este home foi detido o luns pola Policía Nacional, despois de semanas de investigación nas que os axentes constataron que vítima e sospeitoso coñecíanse, xa que o segundo era “cliente asiduo” do primeiro, que lle fornecía droga de forma habitual.

Segundo explicou este mércores o comisario de Vigo-Redondela, Carlos Valcárcel, o detido acudiu o 27 de xaneiro a casa da vítima en Chapela coa intención de realizar un ‘paleo’, é dicir, roubarlle o diñeiro e a droga, xa que estaba convencido de que o vendedor lle fornecía estupefacientes “moi adulterados”, mentres que a outros clientes vendíalles droga de máis calidade.

Precisamente, o rexistro de chamadas da vítima (que se citaba cos compradores previa chamada telefónica) puxo á Policía sobre a pista do presunto autor do homicidio, que ten antecedentes por violencia de xénero, ameazas, roubo e tráfico de drogas.

Os investigadores sosteñen que o detido abalanzouse por detrás da vítima, tapándolle boca e nariz, e causándolle a morte por sofocación. A continuación, deixou o corpo no chan e atoulle mans e pés con cinta de embalar, que tamén usou para taparlle a boca (e que se atopou posteriormente no rexistro do domicilio do detido), e tapoulle a cara cun chaleco.

No momento da detención, o presunto homicida admitiu a súa relación cos feitos, e que o seu enfrontamento coa vítima “se lle fora das mans”. De feito, segundo o comisario, o feito de que lle tapase a cara é “un sinal de arrepentimento”, polo que conclúe que “non tiña intención de matalo”, senón de roubarlle.

ÚLTIMAS

As patronais do metal plantan a negociación en Pontevedra ante unha protesta sindical en Vigo

As patronais do sector do metal (Asime, Atra e Instalectra) decidiron non acudir á...

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...