InicioVigo e contornaVigoCaballero presume das rebaixas da AP-9 "Levan o selo do PSOE"

Caballero presume das rebaixas da AP-9 “Levan o selo do PSOE”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presumiu este luns da “rebaixa histórica” das peaxes da AP-9 que está a negociar en Goberno central coa concesionaria Audasa e que, remarcou, “leva o selo do PSOE”.

En rolda de prensa, Caballero puxo en valor que nos próximos meses o Executivo central cumprirá o seu “compromiso” para rebaixar as peaxes da AP-9 co horizonte de facer gratuíto a viaxe de volta e incorporar algún desconto adicional para os usuarios que máis utilizan a autoestrada.

“O compromiso dos socialistas é un feito, é unha realidade”, destacou Caballero, que incidiu en que esta decisión “Leva o selo do PSOE” a través dos orzamentos xerais do Estado polo que lamenta que tanto o PP como o BNG quedasen “á marxe” deste importante avance para Galicia. Ao seu xuízo, populares e nacionalistas “erraron” ao votar contra as contas estatais que contemplaban a partida para facer efectiva a rebaixa e que demostraba que “os socialistas cando damos unha palabra, cumprimola”.

Neste sentido, Caballero cargou ademais contra as manifestacións convocadas polo BNG para reclamar a inmediatez nas rebaixas xa que, ao seu xuízo, “resulta anecdótico, por non dicir case ridículo”, que o BNG salga á rúa para esixir o cumprimento dun compromiso que xa verá a luz “nunhas semanas”.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...