InicioSucesosRestablecen o tráfico ferroviario entre O Porriño e Tui logo da suspensión...

Restablecen o tráfico ferroviario entre O Porriño e Tui logo da suspensión momentánea por un atropelo mortal

Os 61 pasaxeiros que ían a bordo foron transbordados para o seu transporte por estrada aos seus destinos (Pontevedra, Vigo e Redondela).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tráfico ferroviario entre Guillarei e O Porriño, e entre Tui e O Porriño quedou restablecido despois dunha suspensión momentánea, motivada polo atropelo mortal dun home, que se produciu en torno ao mediodía deste venres.

A vítima do accidente, un home duns 70 anos de idade, foi alcanzada por un convoi de mercadorías que facía a ruta Valença-A Susana. Ao lugar, en pleno centro urbano do Porriño, trasladáronse efectivos de Policía Local, Garda Civil, bombeiros do parque comarcal, persoal médico e a concelleira de Seguridade Cidadá da localidade, Lourdes Moure.

O suceso obrigou a suspender momentaneamente o tráfico ferroviario e afectou a unha das conexións, en concreto, ao tren Alvia procedente de Madrid, que tiña que chegar a Vigo ás 13,00 horas. Os 61 pasaxeiros que ían a bordo foron transbordados para o seu transporte por estrada aos seus destinos (Pontevedra, Vigo e Redondela).

A Garda Civil encárgase de investigar o suceso, que se produciu á altura da rúa Xogo da Onda, aínda que fontes consultadas por Europa Press sinalaron que “todo apunta” a que o home se arroxou voluntariamente ás vías do tren.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...