InicioEconomíaOs problemas de abastecemento fan que a planta viguesa de PSA...

Os problemas de abastecemento fan que a planta viguesa de PSA (Stellantis) paralice a quenda de noite do xoves

A factoría viguesa xa tivo que paralizar a súa produción fai un par de semanas por desabastecemento ligado á escaseza de microchips. Esa parada supuxo deixar de fabricar uns 2.000 vehículos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta viguesa de PSA (Stellantis) informou este mércores ao comité de empresa de que parará a súa produción na quenda de noite deste xoves, debido a que “persisten os problemas de abastecemento”.

Esta parada afecta á xornada nocturna dos dous sistemas de montaxe, e tamén ao taller de baterías, o que supón algo máis de 1.500 traballadores. Con iso, xa é o segundo día en que se paraliza a actividade a quenda de noite por problemas de subministración.

A factoría viguesa xa tivo que paralizar a súa produción fai un par de semanas por desabastecemento ligado á escaseza de microchips. Esa parada supuxo deixar de fabricar uns 2.000 vehículos.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...