InicioSociedadeAs navieiras investigadas por sobrevenda de billetes a Cíes négano e achácano...

As navieiras investigadas por sobrevenda de billetes a Cíes négano e achácano a un erro na aplicación da Xunta

Están acusadas de supostos delitos de falsidade en documento mercantil e estafa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os administradores de dúas navieiras investigadas na causa aberta pola sobreventa de billetes ás Illas Cíes negaron as acusacións e apuntaron a supostos fallos da aplicación de venda de tickets da Xunta.

Despois de que estas persoas declarasen este mércores ante o Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, o avogado que representa a unha das navieras explicou que a investigación se centra no ocorrido o 20 de agosto de 2017.

O letrado indicou que a súa representada, a xerente da navieira Nabia, respondeu “a todas as preguntas durante a súa declaración no Xulgado. Ademais, este mércores tamén compareceu o responsable de Tours Rías Baixas, que contestou só a preguntas do seu avogado e tamén negou a sobrevenda.

De acordo coa versión do letrado, a aplicación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para xestionar a venda de billetes presentaba fallos no sistema. “De feito cambiárona despois”, asegurou sobre esta ferramenta da Xunta.

A iso engadiu que “o conteo” de visitantes ás Cíes tamén presentaba erros, posto que os efectivos de seguridade “contaban a man cun contador manual”, porque “non podían ler os códigos QR”.

INVESTIGACIÓN

A principios de 2018 a Fiscalía de Vigo interpuxo unha querela contra os responsables de tres navieiras, aos que atribuíu os supostos delitos de falsidade en documento mercantil e estafa, pola sobrevenda de billetes en varios días de agosto de 2017.

Segundo o escrito do ministerio público, aínda que a cota de visitas ao arquipélago (que forma parte do Parque Nacional) é de 2.000 persoas ao día e a emisión de billetes faise a través dunha aplicación da Xunta, as navieiras emitían pasaxes de forma fraudulenta, a través de billetes cos códigos QR duplicados ou cos números de identificación alterados.

Ademais, o ministerio público sostiña que os argumentos esgrimidos polas empresas, que atribúen as irregularidades a fallos do sistema informático de reservas, non son válidos, dada a “inxente” cantidade de billetes irregulares.

No transcurso da instrución desta causa, o Xulgado continuou os trámites penais unicamente contra dous das tres empresas investigadas nun primeiro momento, en concreto contra Nabia e Tours Rías Baixas.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...