InicioSociedadeRexistradas 600 sinaturas de veciños da Ceboleira para esixir á Deputación que...

Rexistradas 600 sinaturas de veciños da Ceboleira para esixir á Deputación que acabe as obras

"É unha rúa moi transitada porque comunica O Calvario con Avenida do Alcalde de Lavadores, e nin o Concello nin a Deputación fixeron nada", denunciou o líder do PP local, Alfonso Marnotes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños da rúa Ceboleira de Vigo rexistraron na sede olívica da Deputación de Pontevedra as “case 600” firmas que recolleron para esixir que a Administración termine de arranxar esta vía provincial que “leva meses esnaquizada polas obras”.

Así o comunicou o Partido Popular, despois de que os deputados Alfonso Marnotes e Jorge Cubela, xunto ao concelleiro Jesús Marco González, acompañasen este luns a presentar as firmas aos veciños desta rúa, que están a sufrir “graves trastornos”por esta situación.

“É unha rúa moi transitada porque comunica O Calvario con Avenida do Alcalde de Lavadores, e nin o Concello nin a Deputación fixeron nada”, denunciou Marnotes, que asegurou que “os veciños están fartos”, ao que se suma a xeración de tráfico e os cambios de ruta dos autobuses urbanos.

O presidente da asociación de veciños As Fontes-Vilar-Lavadores lamentou que as administracións non lles “fan caso”, ao que a veciña Bibiana Alonso engadiu que levan “así tres meses”. “Na nosa rúa, os tubos da auga e do gas están ao aire e é deprimente”, rematou.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...