InicioSociedadeO cribado masivo na UVigo terá lugar entre o luns e o...

O cribado masivo na UVigo terá lugar entre o luns e o mércores

Celebrarase no pavillón do Campus. Están citados 14.000 estudantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As autoridades sanitarias arrincan este sábado os traballos de cribado ao alumnado universitario en todos os campus galegos, un proceso que foi anunciado pola Xunta como parte do retorno á presencialidade nas tres institucións académicas. Un total de 58.151 alumnos galegos serán citados por SMS para participar nas probas que, como avanzara o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, consistirán en test de antíxenos.

O cribado estenderase desde este sábado ata o próximo 4 de marzo e arrincará nos campus Ferrol e Ourense, segundo os datos facilitados polo Sergas. Na área Sanitaria de Ferrol, os tests realizaranse no Hospital Novoa Santos entre o 27 de febreiro e o 3 de marzo, e estarán dirixidos a 2.551 alumnos. Así mesmo, preto de 4.700 estudantes serán citados en Ourense, entre o sábado e o domingo, no pavillón de deportes universitario.

No resto de zonas os traballos de cribado arrincarán a partir do 1 de marzo coincidindo coa reincorporación presencial nos campus universitarios. En Vigo, o cribado realizarase entre o luns e o mércores, no Pavillón do Campus Universitario, e estarán citados 10.400 estudantes.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...