InicioEconomíaPorto de Vigo e empresarios do metal queren ampliar os espazos portuarios

Porto de Vigo e empresarios do metal queren ampliar os espazos portuarios

Consideran que é unha "necesidade inminente para a competitividade" da industria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) coinciron na necesidade de ampliar espazos portuarios na cidade de cara a atender as demandas vindeiras.

Así, para o porto vigués isto é necesario co fin de “captar toda a actividade posible para estar listos cando a situación volva despegar”, mentres que os empresarios comentaron que estes novos espazos “son unha necesidade inminente para a competitividade” da industria.

Neste sentido, o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuíña, explicou que a tendencia do mercado vai cara a barcos con maior calado e lonxitude, polo que é necesario ter máis liñas de atracada e de maior calado que se poidan utilizar de forma simultánea.

En relación aos espazos, tamén referendou a súa aposta pola plataforma loxística da Plisan. “Queremos dar o empuxón definitivo; iso pódenos axudar a gañar espazo no que non teña que estar necesariamente á beira do mar, pero que si sexa unha actividade portuaria importante”, selou.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...