InicioSucesosSegue suspendida a circulación ferroviaria na liña Monforte-Vigo

Segue suspendida a circulación ferroviaria na liña Monforte-Vigo

Foi cortada debido a unha focha de grandes dimensións producida por mor dos efectos das fortes choivas.

PUBLICADO O

A circulación na liña ferroviaria entre Monforte de Lemos e Vigo, que foi cortada debido a unha focha de grandes dimensións producida por mor dos efectos das fortes choivas, segue suspendida este mércores, o que afectou a un total de seis trens.

En concreto, a focha produciuse sobre as 10:30 horas da mañá do martes no traxecto Frieira-Filgueira. Adif indicou que as intensas precipitacións, con importantes acumulacións de auga, provocaron a rachadura dun antigo muro de mampostería lindeiro coa liña á altura da estación de Frieira, causando inestabilidade sobre a plataforma ferroviaria.

Ante estes feitos, a liña foi cortada para garantir a seguridade e mobilizouse o persoal de mantemento da infraestrutura para tratar de “resolver a incidencia e restablecer o tráfico ferroviario o máis axiña posible”.

No entanto, as mesmas fontes indicaron que os traballos de reconstrución do muro “están a verse condicionados” polas dificultades de acceso de persoal e maquinaria ao momento da incidencia, así como pola climatoloxía “puntualmente adversa”.

Ante estas circunstancias, fontes de Renfe trasladaron que se habilitou un plan alternativo de transporte, polo que o rexional entre Vigo-Guixar e Ponferrada son trasbordados por estrada entre Arbo e Ourense, tanto á ida como á volta.

Así mesmo, os servizos Alvia entre Galicia e Barcelona, que en días alternos circula ata Vigo ou A Coruña, son trasbordados por estrada desde Vigo ata Ourense. Finalmente, os Alvia entre Pontevedra e Madrid son desviados por tren vía Santiago.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

David Regades xura novamente o cargo de delegado na Zona Franca de Vigo

David Regades volveu a xurar este xoves o cargo de delegado do Estado no...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...