InicioSociedade"Os partos en auga non están asociados a un aumento de resultados...

“Os partos en auga non están asociados a un aumento de resultados adversos para a nai nin para o neonato”, segundo un estudo

Na tese de doutoramente de Susana Iglesias, os resultados fixeron visible que "nos embarazos de baixo risco, a inmersión en auga quente durante a dilatación considérase unha opción eficaz como método de alivio de dor".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na tese de doutoramento da especialista en obstetricia e xinecoloxía Susana Iglesias, ‘Nacemento baixo a auga. Estudo retrospectivo en hospital de baixa intervención’, a enfermeira decidiu afondar na cuestión dos partos baixo a auga na que levou a cabo un estudo observacional de 1191 nacementos no Hospital Comarcal do Salnés.

Neste estudo concluíu que “os partos en auga non están asociados a un aumento significativo de resultados adversos nin para a nai nin para o neonato”. Segundo a doutora, “nos embarazos de baixo risco, a inmersión en auga quente durante a dilatación considérase unha opción eficaz como método de alivio de dor. En cambio, o nacemento en auga conta con menos evidencia científica e discútese a súa seguridade”. 

A idea de pór en marcha esta investigación, explica a súa autora, xurdiu tendo en conta que as “sociedades científicas de obstetras, xinecólogos e  xinecólogas, matronas e enfermeiros e enfermeiras de numerosos países, defenden que o parto en auga debe ser unha opción dispoñible para as embarazadas de baixo risco xunto con información actualizada dos seus posibles beneficios e riscos”.

Por outra banda, denuncia que “algúns hospitais que contan con bañeira obstétrica prohibiron o seu uso durante a dilatación e/ou o parto, limitando o dereito da muller a tomar unha decisión informada sobre este tema”.

Por isto, Susana Iglesias conclúe que “parece que a prohibición do uso da inmersión durante a dilatación e/ou parto non se basea en ciencia, senón en prexuízos“.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...