InicioSociedadeO xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o 'Saltamontes'...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

Neste procedemento xudicial están investigados o dono do 'Saltamontes', G.M.M.D.S., e o presidente da comisión de festas de Matamá, C.G.M.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do ano pasado nunha atracción de feira, o ‘Saltamontes’, na parroquia de Matamá, no que faleceu Iván C.H., solicitou á Policía Local da cidade que lle informe sobre a súa intervención e accións realizadas vinculadas con esta atracción.

Así, nunha provincia do pasado 21 de maio, a maxistrada acorda librar oficio, como dilixencia complementaria, ao xefe da Policía Local de Vigo para que remita ao xulgado toda a documentación, partes de intervención e informes dos que dispoñan en relación a esa atracción de feira. Neste procedemento xudicial están investigados o dono do ‘Saltamontes’, G.M.M.D.S., e o presidente da comisión de festas de Matamá, C.G.M.

O accidente ocorreu na madrugada do 3 de agosto, cando un dos brazos hidráulicos da atracción se soltou. Como resultado, Iván C.H., de 36 anos, faleceu, e a muller que ía con el acabou con lesións. Días despois, o Concello de Vigo asegurou que o ‘Saltamontes’ non tiña autorización para instalarse, xa que lle faltaba algunha documentación. Con todo, non só se instalou, senón que estivo a funcionar ata a traxedia.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...