InicioSociedadePremios 'Sofía Novoa' á calidade investigadora feminina na provincia de Pontevedra

Premios ‘Sofía Novoa’ á calidade investigadora feminina na provincia de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que é "unha alegría" ver que as mulleres novas "recollen a bandeira do feminismo con grandes traballos de análise e investigación que axudan a camiñar cara a unha sociedade plena".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede viguesa da Deputación de Pontevedra acolleu este mércores a cerimonia, esta vez axustada ás medidas anticovid, na que se distinguiron os traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) galardoados por contribuír a difundir a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

O catro gañadoras, Judit Cerviño, María Tenorio e Patricia Torres, na modalidade de TFG; e Andrea López, na de TFM, interviñeron desde os seus domicilios no evento presidido pola máxima responsable da Deputación, Carmela Silva, que presentou a profesora universitaria e membro do xurado Silvia Pérez Freire e estivo amenizado en directo pola pianista Estefanía Cereijo.

Na entrega de premios participaron tamén as titoras das premiadas, as súas familias e Fernando Novoa, sobriño da musicóloga e pedagoga que dá nome aos premios.

Silva destacou que é “unha alegría” ver que as mulleres novas “recollen a bandeira do feminismo con grandes traballos de análises e investigación que axudan a camiñar cara a unha sociedade plena”.

ÚLTIMAS

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Detido en Vigo un home por agredir a súa nai cun garfo tras unha discusión por un bote de perexil

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a un home de 29 anos...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...

Anulan unha cláusula chan nunha hipoteca de 2005 por falta de transparencia

O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declarou nula unha cláusula chan incluída nun...