InicioSociedadeDetido en Vigo por agredir a súa exparella e causar desfeitas na...

Detido en Vigo por agredir a súa exparella e causar desfeitas na vivenda

O home emprendeu un intento de fuxida pero a Policía puido collelo cando bateu contra unha marquesina do bus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 43 anos de idade, F.J.B.G., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir a súa exparella, a cuxo domicilio accedeu tras esnaquizar a porta e onde causou outros danos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada deste venres, cando o 092 recibiu un aviso de que se estaba producindo unha pelexa nun domicilio da Travesía de Guixar, no barrio de Teis.

Cando chegaron os axentes, atopáronse cun home que afirmou que non pasaba nada e que viña de casa dun amigo. Con todo, unha muller saíu ao encontro dos policías e denunciou que o home, a súa exparella, se presentou no seu domicilio para esixirlle certa cantidade de diñeiro.

Ante a negativa dela, o home comezou a romper obxectos do interior da vivenda, como un calefactor e unha televisión, e causou outros danos no domicilio. A muller entregoulle finalmente 30 euros para que cesase na súa actitude e marchase.

Segundo aclarou aos axentes, a súa exparella non a agrediu e só quería que lle devolvese o diñeiro e abandonase o lugar, cousa que o home fixo.

SEGUNDA INTERVENCIÓN

No entanto, menos dunha hora despois, o 092 volveu recibir outro aviso por un posible episodio violento nesa mesma dirección e, ao chegar, atopáronse coa muller moi nerviosa e chorando, co xersei que vestía roto á altura do pescozo.

Segundo indicou, en canto os axentes se foron da súa casa a primeira vez, a súa exparella volveu presentarse alí e rompeu o marco da porta cun forte golpe para acceder ao interior da vivenda. O sospeitoso empuxou e zarandeou a muller, á que esixiu que lle volvese a dar diñeiro, aínda que acabou fuxindo ao decatarse de que esta estaba a chamar á Policía.

INTENTO DE FUXIDA

Os axentes fixeron un rastrexo pola zona e localizaron o presunto agresor escondido tras uns vehículos na rúa Santa Tegra. O home tratou de fuxir á carreira pero, como estaba máis pendente do coche patrulla que o seguía que da súa ruta de escape, acabou golpeándose contra unha marquesiña de bus e caendo ao chan.

Isto freou a súa fuxida e permitiu que os axentes lle desen alcance. O home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...