InicioEconomíaAbel Caballero reclama o apoio da Xunta ao plan de rescate da...

Abel Caballero reclama o apoio da Xunta ao plan de rescate da hostalaría da Deputación de Pontevedra

A idea é que que as administracións autonómica, provincial e local dediquen o 1 por cento do seu orzamento a estas axudas. A Xunta defende que xa abonou máis de catro millóns de euros aos hostaleiros da cidade, correspondentes ás 2.163 solicitudes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou a súa reclamación á Xunta de axudas para a hostalaría de Vigo, en relación ás que indicou que estaría conforme co modelo proposto pola Deputación de Pontevedra para que as administracións autonómica, provincial e local dediquen o 1 por cento do seu orzamento.

Segundo informou o rexedor , a hostalaría “está a sufrir en excesivamente a situación” de confinamento derivada pola covid-19, polo que “é imprescindible” que reciba indemnizacións, aínda que criticou que a Xunta ten “un ton intransixente” a este respecto.

Neste marco, asegurou que o Goberno vigués estaría conforme co modelo de Valencia, polo que a comunidade autónoma achega 100 millóns de euros (62,5 por cento do total), as deputacións 36 millóns (o 22,5 por cento) e os concellos 24 millóns (15 por cento).

No entanto, ante a iniciativa da Deputación de Pontevedra dun “plan de rescate, coa participación proporcional de todas as administracións, e coa achega do 1 por cento de cada orzamento”, Caballero remarcou que “a Vigo tamén lle vale” esta proposta.

“Aceptada inmediatamente. A Xunta ten que aceptar isto xa”, insistiu o rexedor, que criticou que “a Xunta non quere cooperar da forma na que ten que cooperar”.

RESPOSTA DA XUNTA

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asegurou que o rexedor “unicamente está interesado na batalla política e na confrontación”. “Esas críticas do alcalde só se poden entender nun intento á desesperada de desviar a atención sobre a falta de axudas directas por parte do goberno local“, recalcou.

Así, apuntou que “Vigo non é o que máis lle importa” a Caballero, mentres que “á Xunta de Galicia si, por iso xa abonou máis de catro millóns de euros aos hostaleiros da cidade, correspondentes ás 2.163 solicitudes“. “É a Xunta a única administración que deu axudas directas a este sector tan afectado”, concluíu.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...