InicioEconomíaO Porto de Vigo, gran beneficiado da reforma da vía férrea adxudicada...

O Porto de Vigo, gran beneficiado da reforma da vía férrea adxudicada por Adif

Permitirá unha mellor comunicación entre o porto e León.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Adif adxudicou a redacción dos proxectos de construción para a ampliación de vías de apartado en varias estacións do tramo León-Monforte de Lemos, na liña de ancho convencional León-A Coruña. Segundo explica Adif nun comunicado, o obxectivo é potenciar o tráfico de mercadorías no corredor León-Monforte-Porto de Vigo.

O fin desta actuación é ampliar ata 750 metros una das vías nas estacións co fin de que os trens de mercadorías da devandita lonxitude poidan quedar apartados nela, deixando libre a vía xeral, dado que a liña León-A Coruña está configurada en vía única. As estacións incluídas no proxecto son as de Astorga, Brañuelas, Albares, Ponferrada, Quereño, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Pobra do Brollón (Lugo), nesta última suprimirase un paso a nivel.

As obras foron adxudicadas á empresa Técnica e Proxectos (TYPSA) por un importe de 738.794,54 euros. Para o desenvolvemento dos traballos previuse levar a cabo unha análise funcional previo, que confirmará as estacións seleccionadas e servirá de base para coordinar os traballos co resto dos subsistemas implicados (electrificación, control de tráfico e sinalización).

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...