InicioSociedadeCaballero defende desde a FEMP incluír o persoal do SAF como "prioritario"...

Caballero defende desde a FEMP incluír o persoal do SAF como “prioritario” no plan de vacinación

O presidente da FEMP e alcalde de Vigo insiste en que é necesario "apoiar aos sectores que están a soportar maioritariamente o pese desta crise", como son hostalaría e comercio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, trasladou este mércores na reunión do Consello Interterritorial de Saúde a demanda de que se inclúa aos traballadores do Servizo de Atención a Domicilio (SAF) como “prioritarios” no plan de vacinación contra a COVID-19.

Segundo informou o propio Concello olívico a través dun comunicado, Abel Caballero sinalou na reunión a necesidade de inmunizar de forma preferente a este persoal, “xa que son profesionais que atenden a persoas vulnerables”.

Así mesmo, o rexedor e presidente da FEMP volveu a insistir, ante o ministro de Sanidade, Salvador Illa, e os representantes dos departamentos de Sanidade das diferentes Comunidades Autónomas, en que é necesario “apoiar aos sectores que están a soportar maioritariamente o pese desta crise”, como son hostalaría e comercio.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...