InicioSucesosDous veciños de Ponteareas detidos tras cometer nove roubos en vivendas,...

Dous veciños de Ponteareas detidos tras cometer nove roubos en vivendas, locais e vehículos da zona

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, que ordenou o ingreso preventivo dos dous detidos no centro penal da Lama.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous homes domiciliados en Ponteareas  aos que se atribúen nove roubos cometidos durante o últimos tres meses en vivendas, locais comerciais e vehículos situados na comarca de O Condado.

Segundo precisaron fontes da Benemérita, as dilixencias instruídas por axentes do posto principal de Ponteareas concluíron que un home participou en cinco roubos e furtos nesta localidade e As Neves en novembro, cando gozou dun permiso penal.

En concreto, aplícaselle a subtracción de máis de 10.000 euros en efectivo en dúas vivendas, un furto e un roubo de diñeiro e efectos en elinterior de dous vehículos estacionados na rúa. Ademais, apropiouse do mando de apertura do garaxe dun dos coches, que utilizou para roubar unha bicicleta que puido ser recuperada.

No marco destas actuacións tamén se detivo a outro home pola suposta comisión de catro roubos con forza nas cousas, tres deles perpetrados en locais comerciais e establecementos públicos. Ademais, atribúeselle a subtracción dunha motoserra na vivenda do seu pai, onde gardaba os efectos roubados con anterioridade, un cortacésped, unha máquina de lavado rápido e un cortasetos.

Finalmente, as dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, que ordenou o ingreso preventivo dos dous detidos no centro penal da Lama.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...