InicioSociedadeO gromo de covid-19 no Hospital Meixoeiro mantense con 12 casos á...

O gromo de covid-19 no Hospital Meixoeiro mantense con 12 casos á espera dos resultados das PCR

O brote detectouse na planta de Xeriatría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O gromo de COVID-19 detectado no Hospital Meixoeiro de Vigo mantense este luns con 12 casos positivos á espera dos resultados das probas PCR realizadas na área afectada, a correspondente a Xeriatría.

Segundo confirmaron fontes do Sergas, realizáronse probas PCR a persoas vinculadas á unidade para descartar novos contaxgios, pero aínda se descoñece o resultado, polo que, polo momento, a cifra de positivos mantense en 12.

En concreto, o foco detectouse este fin de semana despois de que un paciente que recibira o alta regresase ás poucas horas ao Hospital Meixoeiro debido a que se atopaba mal e presentaba síntomas compatibles coa enfermidade. Tras practicarlle a preceptiva proba PCR, deu positivo.

Deste xeito, realizouse un cribado na planta de Xeriatría que permitiu desvelar outros 11 casos entre os pacientes e comezouse a investigar a orixe do gromo.

Mentres os contaxiados foron trasladados á área de COVID-19 do Hospital Álvaro Cunqueiro, outras 10 persoas que arroxaron un resultado negativo foron levadas á coñecida como ‘zona precovid’ por precaución co obxectivo de observar a súa evolución nos próximos días.

Así mesmo, outras fontes sanitarias concretaron que se permanece á espera dos resultados das probas PCR que se decidiu realizar aos demais pacientes da unidade na que se rexistrou o gromo, que suman sobre unha decena, e os traballadores da mesma, que se sitúan entre 25 e 30.

ÚLTIMAS

O dono do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal en Matamá acóllese ao seu dereito a non declarar

O propietario do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal o verán pasado...

Detidos en Vigo relacionados cunha rede de distribución de imaxes íntimas de mulleres

A Policía Nacional desarticulou unha rede criminal, coa detención de 11 persoas en varias...

Sindicatos denuncian un ambiente de traballo “insoportable” en VigoNature e unha progresiva “privatización”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou un ambiente de traballo "insoportable" no...

Mondra musicará en Cans ‘Miss Ledya’, primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que actúa Castelao

O cantante Mondra musicará no Festival de Cans a cinta muda 'Miss Leyda', película de 1916 considerada a...