InicioSociedadeOs voos no aeroporto de Vigo caen á metade no ano da...

Os voos no aeroporto de Vigo caen á metade no ano da Covid

En conxunto, os aeroportos galegos pechan 2020 cun 70% menos de pasaxeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As restricións de mobilidade derivadas das medidas para tratar de conter a pandemia de covid-19 durante o ano 2020 tiveron un importante efecto nos aeroportos galegos, que pecharon o exercicio cun descenso na cifra de viaxeiros que rolda o 70% nos tres terminais.

En concreto, segundo os datos publicados por Aena, ao longo do ano 2020, o aeroporto de Santiago recibiu 935.394 pasaxeiros, o que supón case un 68% dos que fixeron uso destas instalacións o ano anterior. Así, o ano da pandemia non permitiu ao Rosalía de Castro alcanzar nin sequera o millón de usuarios, cando en 2019 superara os 2,9 millóns.

No caso do aeroporto da Coruña, o descenso na cifra de viaxeiros foi do 67,7%, ata os 436.775. O aeródromo de Vigo quedou, pola súa banda, con algo máis de 303.400 usuarios, un 70% menos que en 2019.

Na mesma liña, os voos operados en Santiago foron 10.949, un 51,1% menos, mentres que na Coruña operáronse 11.190, un 34,9% menos. No aeroporto de Vigo o descenso foi do 51,4%, ata os 5.597 voos operados.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...