InicioSociedadeOs traballadores de Vitrasa poñen fin á folga despois de que a...

Os traballadores de Vitrasa poñen fin á folga despois de que a empresa recibira 2’2 millóns do Concello

Fora convocada porque non recibiran a paga extra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, confirmou a desconvocatoria da folga anunciada pola falta de pagamento da paga extra, despois de que o Concello compensase á concesionaria en 2,2 millóns (polas perdas durante o estado de alarma), o que permitirá á empresa facer fronte ao abono dese salario extra de Nadal e ás nóminas de decembro.

Os representantes dos traballadores anunciaron a folga despois de que a empresa lles comunicara que, debido a que o Concello non compensara as perdas orixinadas pola pandemia, non tiña liquidez para abonar as pagas extras e, posiblemente, tampouco as nóminas de decembro.

O goberno local aprobou hai uns días un pago de 2,2 millóns de euros á empresa polas perdas derivadas do estado de alarma, e e Vitrasa pagou xa as nóminas extraordinarias e poderá pagar pagar os salarios correspondentes ao mes de decembro, segundo comunicou ao comité.

Así as cousas, o comité confirmou a desconvocatoria da folga, aínda que advertiu de que permanecerá “vixiante” para garantir que o persoal recibe o seu soldo a tempo e “evitar que se produzan novos atrasos”.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Mar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade

A Consellería do Mar concluirá este venres as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...