InicioSucesosFalece un motorista de 39 anos en Vigo tras chocar contra un...

Falece un motorista de 39 anos en Vigo tras chocar contra un farol

Os técnicos que se desprazaron ao lugar non puideron facer nada por salvar a súa vida.

PUBLICADO O

Un motorista perdeu a vida este mércores en Vigo, tras chocar contra un farol na Estrada Vella de Madrid, segundo confirmou o CIAE 112 Galicia. O sinistro tivo lugar sobre as 14,15 horas, cando varias persoas chamaron a emerxencias para informar dun accidente na Estrada Vella de Madrid, no que estaba implicado un motorista.

O 112 deu aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias do 061 pero os técnicos que se desprazaron ao lugar non puideron facer nada por salvar a vida da persoa accidentada, un home de 39 anos de idade.

Ademais de emerxencias médicas, tamén foron informados o accidente a Policía Local, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para dar apoio aos familiares da vítima.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...