InicioSociedadeDoce casos positivos por COVID nos cribados de Chapela, Cangas e Gondomar

Doce casos positivos por COVID nos cribados de Chapela, Cangas e Gondomar

Nos últimos días realizáronse probas nestes municipios, que están entre os que presentan peores datos de incidencia da pandemia na área sanitaria viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os cribados realizados a máis de 4.200 persoas dos municipios de Gondomar e Cangas, e da parroquia redondelana de Chapela, detectaron 12 casos positivos de COVID en asintomáticos, segundo informou este mércores o Sergas.

Así, nos últimos días realizáronse probas nestes municipios, que están entre os que presentan peores datos de incidencia da pandemia na área sanitaria viguesa. A finalidade destes cribados é detectar a persoas contaxiadas que non teñan síntomas, polo risco que supoñen para a saúde pública, ao desenvolver a súa vida con normalidade por descoñecer a súa condición de infectados.

No concello de Cangas citouse a 3.000 persoas, das que acudiron 1.661 a someterse ao test (55,3 %). En total, deron positivo dúas persoas.

No municipio de Gondomar foron 2.500 os citados, e a participación foi do 62,24 % (1.556 persoas). Nesas probas detectáronse 6 casos positivos.

Finalmente, na parroquia de Chapela, en Redondela, foron citadas 1.600 persoas e acudiron ao COVID-auto do hospital Meixoeiro 1.035 persoas (64,69 %). As probas neste caso detectaron 4 casos positivos.

ÚLTIMAS

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...