InicioSociedadeA concertada sae á rúa para protestar contra a "restrición de liberdades"...

A concertada sae á rúa para protestar contra a “restrición de liberdades” da Lei Celáa

A mobilización congregou centos de coches.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de coches volveu a manifestarse en cinco das sete grandes cidades galegas –Lugo, Vigo, Ourense, Ferrol e A Coruña– para protestar contra a reforma educativa do Goberno central, coñecida como Lei Celáa, que consideran “imposta” e que presenta “unha enorme carga ideolóxica que restrinxe duramente dereitos e liberdades individuais e colectivas”.

As marchas, que se produciron en todas as grandes cidades de Galicia salvo en Santiago de Compostela e Pontevedra, contaron co respaldo e participación de membros do PP e Cs. Ao longo da mañá, centos de vehículos tomaron as urbes con lazos e globos laranxas para expresar a súa oposición a unha reforma que “atenta contra a liberdade de ensino propondo unha drástica redución do pluralismo e do dereito a elixir as familias”.

Así o indicaron lidos ao termo das marchas convocadas pola plataforma Más Plurales nun manifesto no que o colectivo censura un texto lexislativo sacado adiante “sen diálogo, sen negociación, sen consenso político e social” e nun contexto de pandemia “que esá requirindo un enorme sacrificio ás familias, alumnado, traballadores, equipos directivos e titulares dos centros”.

Neste sentido, os manifestantes censuran que a LOMLOE “asigna ao ensino concertado un papel absolutamente subsidiario con relación ao ensino público” e limita o “dereito a elixir” os pais. “Escolarizarase en función das decisións e intereses das administracións”, incide o manifesto.

“Continuaremos traballando en todos os foros e ámbitos internacionais, nacionais, autonómicos, políticos e xurídicos, para minimizar as consecuencias negativas desta lei ata que se cambie novamente e, oxalá nesta ocasión, a novena, sexa froito dun verdadeiro pacto educativo. En educación cabemos todos e non sobra ninguén”, aseveraron.

PP E CS

Así, as marchas contaron co apoio de membros do PP e de Ciudadanos, cuxa portavoz en Galicia, Beatriz Pino, participou na manifetación de Vigo, onde asegurou que o partido laranxa “non vai permitir que o castelán deixe de ser lingua vehicular en Galicia.

“É un atentado contra a liberdade de elección de centro dos pais, contra a educación concertada e educación especial, cando os pais máis necesitan ese servizo público da educación especial, ameázaselles con que se vai a acabar esta educación”, sinalou Pino, segundo recolle un comunicado emitido por Cs.

ÚLTIMAS

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Detido en Vigo un home por agredir a súa nai cun garfo tras unha discusión por un bote de perexil

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a un home de 29 anos...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...

Anulan unha cláusula chan nunha hipoteca de 2005 por falta de transparencia

O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declarou nula unha cláusula chan incluída nun...