InicioSociedadeReanudado o tráfico ferroviario na liña Vigo-Ourense interrompido desde o venres por...

Reanudado o tráfico ferroviario na liña Vigo-Ourense interrompido desde o venres por unha focha

Adif sinalou que, tras a incidencia, Renfe "estableceu desvíos puntuais" vía Santiago para trens de Longa distancia, e transbordos por estrada para servizos de Media Distancia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Adif restableceu á primeira hora da tarde deste xoves o tráfico ferroviario na liña Vigo-Ourense-Monforte, que se atopaba interrompido desde o pasado venres, debido a unha focha provocada polas fortes choivas rexistradas na zona de Frieira.

Segundo informou o administrador de infraestruturas ferroviarias, as intensas precipitacións de hai case unha semana provocaron un “desguarnecido” de vía á altura do desvío número 1 da estación de Frieira (lado Ourense), causando unha focha de 12 metros e con inestabilidade do terreo circundante. O incidente afecto tamén ao macizo dun tirante dun poste de electrificación.

Adif sinalou que, tras a incidencia, Renfe “estableceu desvíos puntuais” vía Santiago para trens de Longa distancia, e transbordos por estrada para servizos de Media Distancia.

Na última semana persoal de Mantemento de Infraestrutura de Adif traballou “día e noite” para restablecer a circulación “canto antes”. Ademais, as tarefas viuse condicionadas pola dificultade de acceder á zona (tanto para persoal como para maquinaria) e pola climatoloxía adversa.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...