InicioPolíticaAbel Caballero non está "entusiasmado" coa chegada ao Porto de Almuíña a...

Abel Caballero non está “entusiasmado” coa chegada ao Porto de Almuíña a quen critica o seu paso por Sanidade

"O último que lembro del é que non nos daba a información, mentres que o novo conselleiro dánola toda", sinalou Caballero sobre Almuíña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recoñeceu este luns non estar “entusiasmado” co nomeamento de Jesús Vázquez Almuíña como presidente do Porto olívico, e lamentou que “non chega cos mellores avais” tras o seu paso pola Consellería de Sanidade, que criticou.

Nunha rolda de prensa, o rexedor (que non asistiu ao acto de toma de posesión de Vázquez Almuíña o pasado venres) referiuse a a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que dá a razón á concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e obriga ao Sergas a abonarlle case 6 millóns de euros pola diferenza no IVE aplicado ao canon (a administración aplicaba un IVE inferior ao 21 %).

Ao fío desa resolución, Abel Caballero volveu a insistir en que o hospital vigués é “privado” e, ademais, agora o accionista maioritario é un fondo francés “que só busca o seu propio beneficio”.

Quen está detrás deste disparate e esta agresión a Vigo? Feijóo, que foi o ideólogo; Elena Muñoz, agora premiada sendo senadora; e Vázquez Almuíña, que foi conselleiro nos últimos anos, cando non se pagou o que había que pagar”, proclamou o alcalde, e criticou que parece haber unha oferta para os representantes do PP: “Que veñan os que agriden a Vigo, que Feijóo os premiará logo con cargos”.

A todo iso súmase o feito de que, incidiu, Vázquez Almuíña negouse a facilitarlle información sobre a evolución da pandemia de COVID en Vigo. “O último que lembro del é que non nos daba a información, mentres que o novo conselleiro dánola toda”, sinalou e apostilou que, con eses antecedentes e ese “pésimo aval”, o goberno local “non está entusiasmado” coa súa chegada ao Porto.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...