InicioSociedadeVigo baixa en contaxios e hospitalizacións, pero mantense como a área con...

Vigo baixa en contaxios e hospitalizacións, pero mantense como a área con máis casos activos de Galicia

Na última xornada sumáronse 47 positivos máis, segundo datos de Sanidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo continúa sendo a área sanitaria que máis casos activos ten, cun total de 1.304 – 13 menos ca hai un día -. Segundo a web de Sanidade actualizada con datos das 18,00 horas do domingo, a área de Vigo suma na última xornada 47 positivos, o que supón unha baixada importante (-51) respecto do día anterior.

A taxa de positividade sitúase, deste xeito, no 2,5%, a segunda máis baixa en toda Galicia. Isto supón que Vigo está por baixo do limiar do 5% que establece a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia. 

No que respecta ás hospitalizacións, a área sanitaria de Vigo é a única na que baixa o número de persoas con covid-19 que permanecen no hospital. Así, na cidade olívica os ingresados reducíronse en dous pacientes, ata 56, aínda que aumentaron nun os que se atopan en UCI ata sumar 12.

GALICIA

A Consellería de Sanidade notifica este luns unha repunta nos ingresados covid nos hospitais do conxunto de Galicia, ata o total de 365, que se relaciona ademais coa primeira subida no número de casos activos en case un mes. En concreto, Galicia ten 5.560 pacientes de coronavirus, 39 máis que un día atrás, o que implica que ás portas do Nadal rompe unha tendencia á baixa sostida desde o pasado 19 de novembro.

ÚLTIMAS

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...