InicioPolíticaEsquerda Unida ve os orzamentos galegos "moi lonxe" das necesidades de Vigo

Esquerda Unida ve os orzamentos galegos “moi lonxe” das necesidades de Vigo

A sanidade viguesa "queda moi mal parada" nos orzamentos galegos, denuncia a coordinadora nacional de EU.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esquerda Unida lamentou este luns que os orzamentos presentados pola Xunta de Galicia están “moi lonxe das necesidades sociais” de Vigo, e criticou que, en plena pandemia, cando é máis necesario que nunca o investimento e o reforzo dos servizos públicos, o goberno galego optase pola “continuidade”.

Así o trasladaron a coordinadora nacional de EU, Eva Solla, e o secretario de organización da formación, Rubén Pérez, nunha rolda de prensa na que censuraron que a Xunta priorizase o pago da débeda, a pesar de hai unha “posibilidade expansiva” e se flexibilizaron os condicionantes de gasto e fiscais.

Eva Solla sinalou que as contas da Xunta para 2021 son “decepcionantes” e, no caso de Vigo, presentan “deficiencias” en materia social, educativa ou sanitaria. Así, sinalou que se recolle a mesma dotación que o ano pasado para a Renda de Integración Social (Risga), nun intento da administración autonómica de “descargar a súa responsabilidade” sobre o goberno central, que implantou o Ingreso Mínimo Vital.

Por outra banda, incidiu en que a sanidade viguesa “queda moi mal parada” nos orzamentos galegos porque, mentres que se incrementan os concertos coa privada ou se aumenta o canon á concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, “só” se destinarán 3 millóns á Atención Primaria. Isto en plena pandemia, e nun momento “en que hai listas de espera nos centros de saúde”.

Solla tamén denunciou que non haxa partida para a construción dun instituto en Navia, e subliñou que a Xunta “lle debe” a este barrio esta infraestrutura educativa pública. Finalmente, criticou a falta de investimentos na rehabilitación do Casco Vello, para a que o goberno galego se limita a inxectar “400.000 míseros euros” ao Consorcio do Casco Vello; a ausencia de partida para o Museo Marco; ou a falta de axudas para vivendas.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...