InicioMedio Ambiente e PatrimonioO investigador da UVigo Diego Soto, Premio á Mellor Tese de Doutoramento...

O investigador da UVigo Diego Soto, Premio á Mellor Tese de Doutoramento en Ciencia do Solo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sociedade Española da Ciencia do Solo recoñeceu ao investigador Diego Soto, da Universidade de Vigo, co premio á Mellor Tese de Doutoramento en Ciencia do Chan do ano 2020, por un traballo sobre as propiedades físicas do chan.

Na súa tese, Soto (licenciado en Enxeñaría Técnica Agroalimentaria e investigador do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da facultade de Ciencias de Ourense) aborda as conexións entre as propiedades físicas do chan e a capacidade deste para actuar como filtro.

Para iso utiliza técnicas como a tomografía axial computerizada (TAC) que, entre outras cousas, permite comprender diferenzas asociadas ao manexo agrícola do chan, segundo destacou a Sociedade Española da Ciencia do Solo.

A entidade tamén puxo de relevo que o traballo de Diego Soto expón conclusións “relevantes” respecto do transporte de partículas coloidais ou sobre a arquitectura da rede de poros do chan, e ten “un gran número de aplicacións”.

O investigador expresou a súa satisfacción por este premio, un recoñecemento “estatal” no seu campo de traballo, e puntualizou que, para a elaboración da tese contou co apoio dos seus directores, José Eugenio López e Marcos Paradelo, e de compañeiros do departamento de Edafoloxía.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...