InicioSociedadeO Marco proxecta un filme sobre a estigmatización da Sida no día...

O Marco proxecta un filme sobre a estigmatización da Sida no día contra esta enfermidade

Paralelamente, proxectáronse imaxes na fonte da rúa Rosalía de Castro e unha pantalla xigante situada en Porta do Sol, mentres as fontes da rúa Genaro de la Fuente foron iluminadas de cor vermella con motivo do día contra a enfermidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O auditorio Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo acolleu este martes a proxección dunha curtametraxe que aborda a estigmatización que leva padecer a Sida con motivo da conmemoración do día da loita contra a enfermidade.

Segundo detallou o museo nun comunicado, o filme, ‘Acción Carrying’, narra a historia de Pepe Espaliú, un home “símbolo da exclusión e do desprezo social” que padecía a Sida a principios dos anos noventa en España.

Así mesmo, as tres fotografas gañadoras do certame da Coordinadora Estatal de VIH e Sida (Cesida), tituladas ‘San Prevención, ‘Entrégate’ e ‘É Cotián’, foron expostas no museo Marco con motivo do Día Mundial da Loita contra a Sida, que se conmemora cada ano o 1 de decembro.

Paralelamente, proxectáronse imaxes na fonte da rúa Rosalía de Castro e unha pantalla xigante situada en Porta do Sol, mentres as fontes da rúa Genaro de la Fuente foron iluminadas de cor vermella con motivo do día contra a enfermidade.

Por outra banda, Porta do Sol acolleu un acto organizado pola Asociación Galega de Afectados por VIH (Agavih) durante o que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou o traballo da entidade, á que ofreceu a colaboración do Concello, e lembrou aos millóns de persoas infectadas e falecidas por VIH a nivel mundial nas últimas décadas.

Pola tarde, realizarase un acto no museo Marco en memoria de Espaliú que tamén buscará reivindicar que “outra pandemia”  cobrou a vida de máis de 30 millóns de persoas de todo o mundo nos últimos 40 anos.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...