InicioSociedadeÉxito sen precedentes: a primeira Gran Recollida virtual do Banco de Alimentos...

Éxito sen precedentes: a primeira Gran Recollida virtual do Banco de Alimentos de Vigo sáldase con 400 toneladas

Son 85.000 quilos máis que na campaña do ano pasado

PUBLICADO O

A primeira Gran Recollida en formato virtual do Banco de Alimentos de Vigo saldouse cun éxito sen precedentes, ao lograrse doazóns que se traducirán en máis de 400.000 quilos de alimentos para repartir entre as persoas máis vulnerables.

Segundo informaron fontes desta ONG, os datos aínda son provisionais, porque faltan por computar os resultados dalgunhas importantes cadeas de alimentación, pero a cifra alcanzada non ten precedentes nos 25 anos de labor humanitario do Banco.

Debido á pandemia de coronavirus, este ano os voluntarios da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo non puideron estar fisicamente nos supermercados recollendo as doazóns de alimentos, polo que se cambiou a metodoloxía da campaña e púxose en marcha un sistema de doazóns económicas entregadas nos establecementos, así como achegas ‘en liña’ na web do Banco (e da Federación Española de Bancos de Alimentos), e ingresos vía Bizum.

A organización expresou a súa “emoción” pola resposta da cidadanía que, a pesar do complicado da actual situación, “demostrou ser máis solidaria que nunca, por enriba de pandemias e limitacións”. Así, o presidente do Banco de Alimentos, Pedro Pereira, celebrou que “se superarán con fartura os 400.000 quilos de alimentos”, que supoñen 85.000 quilos máis que na Gran Recollida do ano pasado.

Nas próximas semanas irán chegando aos almacéns do Banco en Vigo e Pontevedra os produtos básicos que se adquirirán coas doazóns e permitirán encher os seus andeis baleiros, polo menos, “ata a primavera de 2021”.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, creada hai 25 anos, viu incrementadas as súas peticións de axuda nun 40 % desde que comezou a pandemia. Durante o primeiro semestre de 2020, a entidade repartiu a nivel provincial un total de 1.001.425 kilos de comida, cubrindo así o 35 % das necesidades de susdestinatarios.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...