InicioEconomíaO Porto de Vigo incrementa o 8,5 % en movementos de mercadorías...

O Porto de Vigo incrementa o 8,5 % en movementos de mercadorías en outubro

Finalmente, a Autoridade Portuaria informou dos seus resultados económicos que, despois de impostos, ascenden a 1,1 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo mantivo en outubro a recuperación dos tráficos perdidos como consecuencia da crise sanitaria do COVID, e pechou o décimo mes do ano cun incremento do 6,05 % no tráfico total e cun aumento do 8,5 % no tráfico de mercadorías, segundo comunicaron este venres no Consello de Administración do organismo.

Así, no mes de outubro os tráficos da terminal viguesa sumaron un total de 458.699 toneladas. Con respecto ao tráfico total de mercadorías, incrementouse nun 8,5 % e, dentro deste, o tráfico de mercadoría xeral aumentou un 10,72 %.

Tendo en conta a presentación da mercadoría xeral, houbo un aumento do 3,11 % na contenerizada, e dun 27,77 % na convencional; en ambos os casos, rexistráronse subidas tanto no tráfico ro-ro como o-o.

Por mercadorías, o mellor comportamento en outubro foi o da froita, cunha subida do 2.716 %, aínda que tamén aumentaron os tráficos de granito en bruto (+29,85 %), automóbiles (+27,29 %) e pesca conxelada (+15,56 %).

Con respecto aos datos acumulados, no que vai ano o tráfico total do Porto de Vigo moderou a súa caída, e queda nun -1,65 %, moi inferior á baixada media de tráficos nos portos españois, que se sitúa nun 10,4 %. O descenso no tráfico de mercadorías en Vigo é do 0,20 %.

Así mesmo, desde xaneiro a outubro, aumentaron os tráficos de froita, alimentos e granito elaborado, e os automóbiles pasaron de cifras negativas (unha caída do 21,95 % en maio) a unha leve subida no acumulado a outubro, do 0,1 %.

Finalmente, a Autoridade Portuaria informou dos seus resultados económicos que, despois de impostos, ascenden a 1,1 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...