InicioSociedadeA Universidade de Stanford inclúe 26 investigadores da UVigo na lista dos...

A Universidade de Stanford inclúe 26 investigadores da UVigo na lista dos máis citados do mundo

Están encabezados polo catedrático David Posada, que ocupa o primeiro posto a nivel estatal e o noveno do mundo no ámbito da Bioloxía Evolutiva en canto ás citas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Stanford, en Estados Unidos, incluíu a 26 investigadores da Universidade de Vigo (UVigo) na lista dos máis citados do mundo. Eses científicos da institución viguesa están encabezados polo catedrático David Posada, que ocupa o primeiro posto a nivel estatal e o noveno do mundo no ámbito da Bioloxía Evolutiva en canto ás citas.

A universidade estadounidense desenvolveu unha base de datos que contempla indicadores dos investigadores máis citados a nivel mundial en distintos ámbitos de coñecemento en base ao traballo da revista académica PLOS Biology.

A base de datos está coordinada polos profesionais John P. A. Ioannidis, da Universidade de Stanford; Kevin W. Boyack, da organización estadounidense SciTech Strategies e Jeroen Baas, da empresa Research Intelligence de Elsevier B.V. de Países Baixos.

A iniciativa foi posta en marcha dada a ampla utilización de métricas de citas de modo incorrecto. Así, esta base de datos sinala case 160.000 científicos “de primeiro nivel”, o que supón que se atopan no 2% superior de citas.

Ademais, proporciona información estandarizada sobre citas, índice h, índice hm axustado por coautoría, citas de artigos en diferentes posicións de autoría e un indicador composto, entre outros, dos distintos investigadores. Deste xeito, proporciona métricas con e sen autocitas.

A base de datos contempla 22 campos científicos e 176 subcampos, ademais de permitir coñecer os resultados de investigadores ao longo da súa traxectoria ou en 2019.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...