InicioSucesosAnulan a multa imposta a un vigués identificado durante o estado de...

Anulan a multa imposta a un vigués identificado durante o estado de alarma cando ía á farmacia

A Policía Local impúxolle unha multa por unha suposta infracción grave da lei de seguridade cidadá, e o home recorreu dita resolución.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo ditou sentenza na que anula unha multa imposta a un veciño da cidade que, durante o estado de alarma, foi identificado por axentes da Policía Local, que o sancionaron con 601 euros por desobecer supostamente á autoridade.

Segundo a resolución, a actuación policial tivo lugar o pasado 28 de marzo sobre as 15.30 horas da tarde, cando unha dotación identificou a un home que camiñaba pola Avenida de Camelias. Ao preguntarlle polo motivo da súa presenza na vía pública, este vigués alegou que ía a unha farmacia, porque as máis próximas ao seu domicilio estaban pechadas.

Os axentes preguntáronlle por que fora a unha botica na Rolda don Bosco, que está máis preto da súa casa e o home sinalou que non figuraba na lista de farmacias de garda que vira e que pasara por diante e lle parecera que estaba pechada. No entanto, seguiu as indicacións dos policías e foi a esa farmacia.

A Policía Local impúxolle unha multa por unha suposta infracción grave da lei de seguridade cidadá, e o home recorreu dita resolución. O seu recurso foi admitido polo xulgado contencioso administrativo de Vigo, que anulou a sanción.

NON HOUBO DESOBEDIENCIA

Na súa sentenza, o tribunal vigués sinala que, na actitude do home denunciado, non houbo “nin desobediencia”, “nin resistencia”, “nin negativa a identificarse”, “nin incumprimento de ordes”, e sinalou que este veciño non só atendeu ao requirimento dos axentes e foi á farmacia de Rolda don Bosco, senón que achegou na súa demanda proba de que fixera alí unha compra, o que pon de manifesto “a plena obediencia” con que actuou .

Así mesmo, o xuíz lembrou que desprazarse para comprar produtos farmacéuticos era un suposto contemplado como excepción nas restricións de mobilidade durante o estado de alarma, e insistiu en que “non hai rastro” de que os policías lle fixesen algún requirimento que non fose atendido.

Non imos entrar no debate referente ás distancias das farmacias que se achasen abertas máis próximas ao momento no que se efectúa a denuncia, so pena de alcanzar resultados tan absurdos como que se valide unha actuación sancionadora porque a farmacia á que se acudiu estaba a un quilómetro do domicilio do suxeito cando dispuña doutra a oitocentos metros”, recolleu o maxistrado na súa sentenza, na que tamén apuntou que “aínda que non acudise a esa farmacia, senón a outra”, non se detecta “delito na súa conduta”.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...