InicioSociedadeFalece o expresidente do PP de Vigo, Carlos Mantilla, "un referente" na...

Falece o expresidente do PP de Vigo, Carlos Mantilla, “un referente” na cidade

Mantilla foi concelleiro e presidente do PP de Vigo entre finais dos anos 80 e principios dos 90, e tamén exerceu como vicepresidente da Deputación de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O expresidente do PP de Vigo, exsenador e exconcelleiro, avogado e economista, Carlos Mantilla, faleceu este luns aos 76 anos de idade, e a cidade olívica perde “un referente”, segundo destacou o partido nun comunicado.

Mantilla, cunha dilatada traxectoria política e profesional, “nunca deixou de loitar polos seus principios, sempre activo e implicado, entregado e defensor da súa cidade”, segundo subliñou o PP de Vigo.

“Desde as súas diferentes responsabilidades sempre tivo como obxectivo a conexión do partido coa sociedade. Carlos Mantilla foi un exemplo de coherencia, de traballo, de superación, e representaba eses valores que defendemos nesta cidade e polos que Vigo sempre se caracterizou. Encarnaba a cultura do esforzo e da tolerancia”, apuntou o partido, que trasladou as súas condolencias a familiares, amigos e militantes.

Mantilla foi concelleiro e presidente do PP de Vigo entre finais dos anos 80 e principios dos 90, e tamén exerceu como vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Entre 1989 e 1993 foi senador e, entre 1993 e 2008 ocupou un escano como deputado no Congreso.

Fóra do ámbito político, traballou no Grupo de Empresas Álvarez, en Factorías Vulcano, entre outras, e fundou un despacho de avogados. Así mesmo, foi administrador concursal, entre outras empresas, do estaleiro Hijos de J. Barreras. Ademais de ser profesor universitario, a principios de 2019 foi elixido decano do Colexio de Economistas de Pontevedra.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...