InicioEconomíaFolga en decembro en Vitrasa contra a modificación da xornada de traballo

Folga en decembro en Vitrasa contra a modificación da xornada de traballo

Desenvolverase en días alternos con paros parciais de dúas horas: de 7,30 a 9,30 horas, de 13,00 a 15,00 horas, e de 19,00 a 21,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria que presta en Vigo o servizo de bus urbano, rexistrou a convocatoria dunha folga para días alternos do mes de decembro, en protesta polo incumprimento do convenio colectivo ao entender que a empresa modificou unilateralemente as xornadas e condicións de traballo do persoal.

Así o confirmou o sindicato CIG, que ostenta a presidencia do Comité en Vitrasa, e que explicou que a medida foi acordada nunha reunión do órgano de representación dos traballadores, e que deberá ser ratificada nunha asemblea que se celebrará este sábado.

Segundo o escrito dirixido á Consellería de Emprego e Igualdade, a folga terá lugar durante once días do mes de decembro (os días 1, 3, 9, 11, 14, 16, 18, 21, 23, 28 e 30) e desenvolverase con paros parciais de dúas horas: de 7,30 a 9,30 horas, de 13,00 a 15,00 horas, e de 19,00 a 21,00 horas.

O sindicato denunciou que a empresa está “a converter xornadas continuas en xornadas partidas”, modificando así unilateralmente as condicións de traballo.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin das incidencias “diarias” no tren tras o peche de Guixar

O BNG de Vigo esixiu a Renfe e a Adif que poñan fin "de...

Caballero estala contra a Xunta polos voos de Vigo: ve unha “burla” ofrecer promoción sen garantir rutas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha “burla” a proposta...

Ferida grave unha nena de 10 anos tras caer desde o balcón da súa vivenda en Vigo

Unha menor de 10 anos resultou ferida grave na noite deste pasado xoves tras...

Detido en Vigo tras agredir a varias persoas con tres coitelos e tentar acoitelar a un policía

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 46 anos, identificado como...