InicioSociedadeA fenda de xénero agravouse durante a pandemia, segundo o reitor da...

A fenda de xénero agravouse durante a pandemia, segundo o reitor da Universidade de Vigo

Pola contra, a produción científica por parte dos investigadores viuse reforzada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, alertou de que a pandemia agravou a desigualdade de xénero entre os investigadores. Así o manifestou este xoves durante a súa intervención na comisión de reactivación do Parlamento de Galicia.

Durante a súa intervención, Reigosa puxo o foco en como a crise do covid afectou de forma desigual a homes e mulleres dedicados ao ámbito da investigación científica: “mentres que a produción científica nos homes viuse potenciada durante os meses de confinamento, no caso das mulleres empeorou debido á fenda de coidados”.

Neste sentido, sinalou que, no caso dos homes, a súa labor investigadora “lonxe de verse prexudicada, viuse reforzada” chegando a publicar “máis que outros anos”. Por contra, a produción científica por parte de mulleres “empeorou” debido ás obrigas que teñen nos seus fogares á hora de atender coidados que recaen de forma pronunciada sobre elas.

Unha realidade, o desigual impacto de desenvolver as funcións desde o fogar que, como incidiu o reitor da Universidade viguesa, debe terse en conta a futuro na organización do teletraballo.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...