InicioEconomíaA ampliación de Navia iniciarase no 2021 de cara a "crear o...

A ampliación de Navia iniciarase no 2021 de cara a “crear o Vigo do futuro”

A Xunta de Galicia prepara a expropiación dos terreos pendentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia prevé iniciar a urbanización da ampliación do barrio vigués de Navia “ao longo de 2021”, segundo confirmou este martes o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que tamén sinalou que a administración traballa nun expediente único de expropiación para facerse cos 85.000 metros cadrados de terreo que restan para completar a dita ampliación.

Nunha visita ao barrio de Navia, na que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o presidente galego explicou que, a fase un desa ampliación, que contará con 8 millóns de euros de investimento, porase en marcha o ano que vén, cando se comercializarán as primeiras parcelas para que empresas ou cooperativas poidan iniciar a construción das 1.600 vivendas de protección pública previstas.

A Xunta xa adquiriu, mediante acordos, case 180.000 metros cadrados da actuación, e os 85.000 metros cadrados restantes serán expropiados mediante un expediente único. Así, o total de investimento para a adquisición dos terreos ascenderá a uns 30 millóns de euros.

Feijóo lembrou que esta actuación, que se desenvolverá en varias fases no próximos tres anos, contempla, ademais das vivendas de promoción pública, a construción de 1.200 prazas de aparcadoiro, un carril bici de máis de 2 quilómetros, 45.000 metros cadrados de uso terciario, 24.000 metros cadrados de equipamentos públicos, e 23.000 metros cadrados de zonas verdes.

O presidente da Xunta destacou o esforzo investidor neste barrio, “o máis novo de Galicia”, que simboliza “o Vigo do futuro”, e lamentou que a ampliación de Navia sufrise “dous anos de paralización” pola tardanza do Concello olívico en aprobar a modificación do plan parcial.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...