InicioCulturaAprazado o concerto de Ecléctica Ensemble previsto para este xoves en Vigo

Aprazado o concerto de Ecléctica Ensemble previsto para este xoves en Vigo

As persoas que xa adquirisen a súa entrada para o evento serán contactadas por Afundación, que lles trasladará as posibilidades das que dispoñen

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concerto de Ecléctica Ensemble da Orquestra Sinfónica de Galicia previsto para este xoves no Teatro Afundación de Vigo aprazouse debido á evolución da pandemia.

Esta medida foi adoptada en consonancia coas directrices e restricións establecidas para conter os contaxios de COVID-19, segundo detallou Afundación nun comunicado. Deste xeito, o evento será reprogramado cando a situación sanitaria o permita.

As persoas que xa adquirisen a súa entrada para o evento serán contactadas por Afundación, que lles trasladará as posibilidades das que dispoñen. Ademais, procederase á devolución do importe da mesma ou o abono correspondente se o concerto non se celebra proximamente debido ás restricións sanitarias.

Así mesmo, a Obra Social de Abanca analiza o impacto das novas medidas adoptadas na súa programación para ofrecer as maiores garantías ao público.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...