InicioEconomíaAsime presenta AutoMob Summit, un espazo de encontro para a automoción

Asime presenta AutoMob Summit, un espazo de encontro para a automoción

O evento celebrarase o 17 de novembro e analizará as fortalezas do sector e tamén os retos aos que se enfronta, sobre todo os ligados á mobilidade do futuro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Afíns (Asime) presentou este xoves o evento AutoMob Summit, unha iniciativa mixta, presencial e ‘en liña’, que se celebrará o 17 de novembro e que pretende ser un “espazo de encontro” para a industria da automoción e a mobilidade do futuro.

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, destacou que este evento “porá a Galicia no mapa internacional”, e lembrou que o sector de automoción foi “un dos que mellor está capeando a crise do COVID-19”, porque ten un tecido industrial “moi consolidado e con capacidade de adaptación”.

Neste congreso, sinalou, analizaranse as fortalezas do sector e tamén os retos aos que se enfronta, sobre todo os ligados á mobilidade do futuro.

Segundo o programa facilitado por Asime, o AutoMob Summit abrirase ás 9,00 horas coas intervencións do presidente de Asime, Xusto Sierra; do delegado de Zona Franca, David Regades; do conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; da secretaria xeral de Transportes e Mobilidade, María José Rallo; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

No congreso participarán representantes de multinacionais como Gestamp, CIE-Automotive, Teléfonica e Iberdrola; de fabricantes como Mercedes-Benz, Toyota México, Renault Tánxer ou Tata India; de asociacións sectoriais como Faconauto ou ACEA; de centros tecnolóxicos e de institucións.

ÚLTIMAS

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...