InicioSociedadeA área viguesa ponse por riba dos 2.000 contaxios tras sumar 165...

A área viguesa ponse por riba dos 2.000 contaxios tras sumar 165 casos dende o sábado

A zona olívica segue á cabeza de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia continúa á alza na cifra de contaxios de COVID-19 detectados en 24 horas, que volve marcar marca histórica con 785, unha trintena máis que a xornada anterior, cando se rexistraron 755. Ademais, este domingo superouse a barreira dos 9.000 casos activos, é dicir, pacientes que aínda padecen a enfermidade.

Segundo os datos actualizados na web da Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do sábado, a área sanitaria con máis infeccións diarias volveu a ser a de Vigo con 165, pero con todo baixou en 50.

Ata a data realizáronse en Galicia un total de 692.643 PCR, o que reflicte que en 24 horas fixéronse 9.974 probas, menos que no parte anterior pero na liña das cifras históricas da última semana. De todas elas, o 8,8% arroxou un resultado positivo, unha cifra aínda por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde.

Todas as áreas sanitarias salvo a de Ourense (2,9%) e Santiago (4,8%) exceden este limiar. Ferrol sitúase á cabeza cun 21,4% das PCR positivas –unha de cada cinco realizadas–, seguida de Lugo (14,8%), Pontevedra (11,5%), A Coruña (9,8%) e Vigo (7,4%).

ALTAS E CASOS ACTIVOS

En canto ás altas, nas últimas 24 horas curáronse 430 persoas, o que coloca o total desde o inicio da pandemia en 27.330. Ademais, ata o momento faleceron 914 persoas con coronavirus en Galicia, tras engadirse ao cómputo o catro vítimas notificadas na tarde do sábado.

Cabe destacar tamén a cifra de casos activos, que continúa marcando máximos con 9.119 pacientes en total, rexistrou un ascenso de 357 nun día.

Así, o total de casos activos está este domingo en 8.762, un ascenso de 399 nun día. Tamén neste sentido disparáronse en Ferrol, que conta con 930 pacientes de COVID-19 (+123), e A Coruña, con 1.541 (+104).

En Vigo, superaron os 2.000 ata colocarse en 2.020 (+96) casos activos; en Lugo rozan o milleiro con 986 (+92); e en Pontevedra tamén, con 994 (+76).

Mentres tanto, a área sanitaria de Ourense anotou un descenso de 121 pacientes de coronavirus, ata situarse nos 1.276 en total, á vez que en Santiago baixaron en 22, ata os 1.372.

ÚLTIMAS

Os empresarios de Mos alertan dun “golpe irreparable” á economía polo trazado da nova A-52

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) trasladou este martes a súa "máxima preocupación"...

Investigadores da Universidade de Vigo desenvolven un sistema con IA que predí a calidade do aire en 3D

Investigadores do Grupo de Tecnoloxía Enerxética do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e...

A concelleira de Seguridade de Vigo declara como investigada polo accidente mortal do Saltamontes: “Dei as oportunas aclaracións”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez Calviño, compareceu este martes...

Ferida unha muller tras producirse un desprendemento de terra no paseo de Bouzas, en Vigo

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes tras producirse un desprendemento de terra...