InicioSociedadeBuscan a unha muller de 33 anos de Vigo que leva unha...

Buscan a unha muller de 33 anos de Vigo que leva unha semana desaparecida

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional mantén activado un dispositivo de procura para atopar a Iria Rodríguez Vila, unha moza de Vigo de 33 anos que leva desaparecida desde o pasado venres, 23 de outubro.

Segundo informan a Europa Press fontes oficiais, a denuncia interpúxoa este xoves a súa avoa, coa que residía na cidade olívica, despois de que non volvese a casa tras saír dun centro educativo.

A investigación, de acordo coas mesmas fontes, trata de pescudar se a moza, de 33 anos de idade, se puido dirixir a casa duns amigos antes de que se lle perdese a pista.

Tras a denuncia, a asociación SOS Desaparecidos publicou un cartel de alerta por redes sociais no que se describe a Iria Rodríguez Vila como unha muller de 1,70 de altura e de “complexión grosa”. Ademais, ten pelo castaño, ollos verdes e saltones, acne e varias cicatrices.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...