InicioSociedadeA área de Vigo xa é a máis afectada pola covid tras...

A área de Vigo xa é a máis afectada pola covid tras rexistrar outros 170 contaxios nun só día

Xa son 1.502 os casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os positivos confirmados por Covid-19 nas últimas 24 horas en Galicia han repuntado a 682, deles 172 na área sanitaria de Vigo –que se sitúa á cabeza con maior número de casos activos tamén– e 100 na da Coruña e Cee.

En canto aos casos activos, a área sanitaria de Vigo sitúase á cabeza, con 1.502, tras sumar 144 máis con respecto a este martes; seguida da de Ourense, con 1.414 –nove menos–, que é a única na que descenden en Galicia. Mentres, a área da Coruña colócase con 1.285 casos activos –84 máis–; a de Santiago e Barbanza conta con 1.186 –58 máis–; a de Pontevedra e O Salnés, con 785 –58 máis–; Lugo, con 743 –52 máis– e a de Ferrol ten 620 –74 máis–.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste mércores na web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste martes, nas que se constata que esta segunda onda rexistra as cifras máis elevadas de contagios da pandemia en Galicia en canto a positivos confirmados por PCR en 24 horas.

HOSPITALIZADOS

Por outro lado, segundo os últimos datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade, a área de Vigo conta cun total de 67 pacientes con Covid-19 hospitalizados –un máis–, dos cales oito permanecen en UCI, un máis dende onte e 59 noutras unidades de hospitalización –sen cambios–. Ante estas circunstancias, o concello olívico permanece en alerta vermella.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...