InicioPolíticaAbel Caballero lembra que que Galicia "é refén" da decisión do Goberno...

Abel Caballero lembra que que Galicia “é refén” da decisión do Goberno de Aznar de prorrogar 40 anos a concesión da AP-9

Abel Caballero ve "bo" que o Goberno "libere" autoestradas pero lembra que o PP prorrogou a concesión da AP-9

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve “boa” a decisión do Goberno central de liberar de peaxes unha serie autoestradas españolas cando terminen as súas concesións e lamentou que, no caso de Galicia, o Executivo popular de José María Aznar “prorrogase 40 anos” a concesión da AP-9 a Audasa.

Nunha entrevista este domingo en RNE, o tamén presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) incidiu en que Galicia “é refén” da decisión adoptada co PP no Goberno español, que cualificou de “desastrosa”.

“Estamos a pagar unha autoestrada carísima, unhas taxas das máis caras de España e que os ministros do PP non tomaron ningunha decisión para abaratalas“, remarcou Caballero, que censura que os conservadores estiveron “encantados” cando o Goberno de Aznar “tomou esa decisión en favor da empresa”.

Por outra banda, nunha semana marcada pola decisión do xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, de non optar á Presidencia do PP e continuar á fronte da Xunta até 2020, o rexedor olívico mostrouse moi crítico co mandatario popular.

“A min dáme igual (a súa decisión) porque é un gobernante pésimo para Galicia e para Vigo“, asegurou Caballero, que acusou a Feijóo de “bloquear” cuestións que afectan á cidade viguesa.

AVE

Caballero asegurou que o presidente galego “é un moi mal xestor” que “vai dicindo cousas distintas en cada momento”, en referencia ás declaracións que fixo nas que asegurou que non permitirá que a chegada da AVE a Galicia se atrase máis aló do prazo previsto: finais de 2019.

“A Feijóo non o escoitei nunca apoiar o AVE a Vigo”, apuntou, para logo preguntarse “que é o AVE a Galicia” para Feijóo. “Durante sete anos, o Goberno de España ten metido nun caixón a declaración de impacto ambiental do tren de alta velocidade a Vigo”, incidiu.

REFUXIADOS

Por outra banda, o tamén presidente da Femp volveu mostrarse moi duro coa actitude do Goberno italiano na súa xestión da crise de refuxiados. “É a reaparición do fascismo”, afirmou, para logo engadir que o Goberno de Pedro Sánchez “puxo en evidencia” aos seus homólogos italianos.

Deste xeito, cre que o Partido Socialista debe, desde o Executivo español, “seguir dicindo a Europa que cambie o seu modo de afrontar a inmigración”. “Terán que facer que o conxunto de Europa sexa sensible”, apostilou.

CONCELLOS

Por último, Caballero referiuse á situación económica dos concellos españois, que son, ao seu entender, quen “contribúen en positivo para cumprir con Bruxelas” e, por extensión, os que “cobren as ineficacias das comunidades e o Goberno de España” grazas ao seu superávit de 7.000 millóns de euros.

Por iso, reclama o fin da denominada ‘Lei Montoro’ para que “os aforros de concellos como Vigo úsense en Vigo e non noutros municipos de Galicia”.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...