InicioSociedadeDá positivo en cocaína logo de estrelar o seu coche contra un...

Dá positivo en cocaína logo de estrelar o seu coche contra un portal en Vigo

Na mesma xornada foi detido un home que cuadruplicaba a taxa de alcolemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo denunciou nas últimas horas a dous condutores, que estiveron implicados en incidentes de tráfico, e que, nun caso, cuadriplicaba a taxa de alcoholemia, mentres que, no outro, deu positivo en cocaína. Segundo informaron fontes policiais, na madrugada deste luns, unha dotación do 092 deu o alto a un condutor despois de cometer unha infracción de tráfico no Camiño Roseira Redomeira.

Ao identificar a este home, de 48 anos de idade, os axentes comprobaron que presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol, polo que lle realizaron a proba. O test arroxou un resultado de 1,09 e 1,03 mg/l, o que supón máis de catro veces a taxa máxima permitida, polo que foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria.

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén identificou a outro condutor na tarde do luns. Tratábase dun home de 33 anos de idade que impactara co seu coche contra un portalón na rúa Cañiza.

Ao ser sometido ao test indiciario de detección de drogas na saliva, este deu resultado positivo para cocaína, polo que foi denunciado administrativamente e enfróntase a unha sanción de ata 1.000 euros e a perda de 6 puntos do seu carné de conducir.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...

Kiko Veneno fará escala en Vigo o 23 de outubro cun concerto entre clásicos e novas cancións

A xira do músico Kiko Veneno fará escala no Auditorio Mar de Vigo o...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...