InicioSucesosDetido un vigués por subtraer en dúas ocasións o móbil á mesma...

Detido un vigués por subtraer en dúas ocasións o móbil á mesma vítima en Ourense

O rapaz chegou a ameazar á vítima cunha navalla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un mozo de Vigo como presunto autor dun delito de furto e 12 días despois un delito de roubo con violencia e intimidación á mesma vítima, á que subtraeu o teléfono móbil en dúas ocasións.

Segundo informou a Policía Nacional, o denunciante manifestou que o día 6 de febreiro deste ano, cando se atopaba en compañía dunha compañeira do curso que realizan nunha academia da rúa Habana, achegóuselles un individuo que a súa compañeira coñecía de vista, quen lle solicitou o móbil para facer unha chamada, ao que accedeu pero non llo devolveu.

Con motivo da devandita subtracción a vítima adquiriu un novo e recibiu aos poucos días unha chamada para que se personase en dependencias policiais para facerlle entrega do teléfono móbil subtraído. Pero unha vez en comisaría, foi informada de que non lle chamaron e “decátase de ser vítima dunha broma pesada por parte do autor da subtracción”, indica a Policía.

O 18 de febreiro o denunciante manifestou que, mentres se atopaba na Avenida da Habana, durante o descanso do que dispoñen no devandito curso, foi abordado polo mesmo individuo, quen mostrou unha navalla coa que lle ameazou, á vez que lle pedía que lle entregase o móbil, ao que accedeu “ante o temor de que lle fixese dano coa navalla”, concretan as mesmas fontes policiais.

O Grupo de UDEV realizou a investigación do feito delituoso, identificou ao presunto autor e procedeu á súa detención na mañá do 13 de outubro por un delito de furto e un delito de roubo con violencia e intimidación. O detido foi identificado como un home de 20 anos de idade, natural de Vigo, ao que lle constan dous arrestos anteriores. Quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...