InicioSociedadeVigo suma outros dous pacientes hospitalizados por covid e chega xa ós...

Vigo suma outros dous pacientes hospitalizados por covid e chega xa ós 27

O total de Galicia ascende a 250 tras varias xornadas á alza.

PUBLICADO O

Os pacientes con Covid ingresados en Galicia aumentaron a 252, o que supón 15 máis que os deste luns, deles 40 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI) –un máis que hai 24 horas– e 212 noutras unidades de hospitalización.

Segundo a información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá deste martes con datos recolleitos ata as 18,00 horas do luns, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco hai 83 pacientes con Covid-19 ingresados, deles 11 en UCI. As persoas curadas ascenden a 3.177 e as PCR realizadas a 73.087.

Na área da Coruña e Cee hai 51 pacientes con Covid hospitalizados, deles 46 en planta e cinco en Unidade de Coidados Intensivos. Ata a data rexistráronse 6.223 altas e contabilízanse 133.785 PCR realizadas.

Pola súa banda, na área sanitaria de Santiago e Barbanza os pacientes con Covid-19 ingresados ascenden a 40, deles sete en unidade de críticos. Ata a data curáronse 3.606 persoas e realizáronse 86.839 PCR.

A área de Vigo conta con 27 pacientes con Covid-19 hospitalizados, deles oito en UCI. Ata o momento curáronse 3.251 persoas e realizáronse 107.686 PCR.

Na área de Lugo, A Mariña e Monforte as persoas con coronavirus ingresadas sitúanse en 30, deles cinco en UCI e 25 noutras unidades de hospitalización. Ata o momento curáronse 2.878 persoas e realizado 65.823 PCR.

Mentres, na área de Pontevedra e O Salnés ten 16 pacientes ingresados con Covid, deles 12 en planta e catro en UCI. Ata a data curáronse 1.954 persoas desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 e realizáronse 51.659 PCR.

E na área de Ferrol os hospitalizados con Covid ascenden a cinco, ningún deles en unidade de críticos. Ata a data curáronse 1.034 pacientes e realizado 38.048.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...